viernes, 23 de diciembre de 2016

Vacacións

Rematou o primeiro trimestre e a andaina de MeteoQuiroga 3 vai moi, pero que moi ben. Só se perderon seis días de toma de datos, por mor de folgas, exames e unha excursión, no resto dos días o alumnado estivo puntual e disposto.
Como o grupo ten moi boa disposición e se apuntaron a máis cousas, decidimos non sobrecargar o proxecto e imos deixar para outro ano o concurso de fotografía. Pero seguiremos tirando fotos e publicando tódolos meses para que non se perda o bo costume. De feito, imos deixar aquí tres imaxes deste último mes.
Bo Nadal e pasádeo ben nestas vacacións!
         
(amencer)

(cores das follas de outono ou anuncio de laranxa e limón?)

(outra saída de sol)



domingo, 18 de diciembre de 2016

Camiño do Nadal

Vai rematando a primeira avaliación e seguimos acumulando datos. Os nosos adolescentes meteoquirogueses seguen a desempeñar o seu traballo con moi boa disposición e de forma totalmente autónoma. A única axuda que están recibindo por parte dos profesores do proxecto e a elaboración das follas de datos e o seu posterior almacenamento.
Como nos temiamos, o San Martiño non foi tan veranciño como prometía e aqueles días deixaron algunha imaxe como a seguinte:

(arañeira case conxelada)

E sen esquecer que tamén tivemos ocasión de ver algunha estampa típica do outono:

(foto recollida durante unha saída do club de lectura do instituto)

miércoles, 9 de noviembre de 2016

San Martiño

Está chegando o noso festivo e, con el, pode que o seu veranciño, aínda que os datos de temperaturas que recollemos nos derradeiros días de outubro e neste inicio de novembro din que pode que xa chegara. Varios días con máximas por riba dos 25 graos, moi da época non están sendo.
A recollida de datos vai moi ben, 15 de 19 días posibles (contando dous con folga, non está nada mal), co alumnado organizado por parellas e facendo eles o traballo de forma autónoma case desde o inicio. Os profesores estanse limitando a organizar as quendas semanais de recollida e a dar pequenas indicacións de inicio.

(nubes na saída do sol)

lunes, 3 de octubre de 2016

Poñémonos en marcha

Ola!

Un ano máis trataremos de levar adiante este proxecto coa maior ilusión, abarcando uns obxectivos modestos, pero realizables e coa intención de aprender o máximo posible. Para iso contaremos co traballo de Rubén, Ariadna, Vanesa, Lola, David, Débora, Saúl, Aida, Carlos, Sofía e Mario.


Alá imos!

lunes, 30 de mayo de 2016

Fotos

Aquí temos as últimas fotos que publicaremos do concurso deste ano.
Grazas a toda a xente que nos axudou coas súas aportacións.

 (Arco da vella)

(Pingueiras de choiva)


viernes, 1 de abril de 2016

Fotos de nubes

Seguimos coas fotos do concurso, neste caso demostrando que non estamos nas nubes, pero si que as observamos. Como vedes, hai de todo tipo e para tódolos gustos.





















lunes, 8 de febrero de 2016

Fotos do concurso

Nesta ocasión traemos dúas fotos do solpor, tomadas respectivamente en Bóveda e na Praza Maior de Lugo.

 (Solpor en Bóveda)

(Praza Maior de Lugo)

miércoles, 20 de enero de 2016

Novas fotos do concurso

Aquí temos fotos de que facía moito frío:

 (Neve no Courel)

 (Neve no Courel)

 (Xeada)

 (Rosada nunha arañeira)

(Neve nas agullas de novembro)

(Xeada)