jueves, 23 de febrero de 2017

Saímos en prensa

Onte tivemos un pequeno recoñecemento ó noso traballo coa publicación na Escola de Prensa de El Progreso dun artigo dos nosos alumnos meteoquirogueses Saúl e David, no que fan unha breve reseña do traballo que están desenvolvendo no Proxecto Meteoescolas. Este artigo forma parte doutro dos proxectos no que están traballando estes alumnos, a redacción o xornal "O Eco do Val".
Podedes ler o artigo aquí.


viernes, 10 de febrero de 2017

Imos desconxelando

Non é que faga calor, pero despois da última entrada na que tiñamos os dedos pegados ó teclado co frío, imos subindo algo. As máximas non pasan dos 10º, pero abandonamos o territorio baixo cero, de momento...
Como dato relevante que empeza a destacar, empezamos a ter unha conciencia clara de que chove moi pouco, como ben o indican a cantidade de días en branco que temos nos nosos datos de precipitacións. Xa iremos vendo como segue este dato.

Insistindo un pouco na parte matemática na natureza e lembrando o publicado no pasado mes, aquí tedes outra foto de fractais na natureza, neste caso en árbores.

(árbores de inverno)