viernes, 23 de diciembre de 2016

Vacacións

Rematou o primeiro trimestre e a andaina de MeteoQuiroga 3 vai moi, pero que moi ben. Só se perderon seis días de toma de datos, por mor de folgas, exames e unha excursión, no resto dos días o alumnado estivo puntual e disposto.
Como o grupo ten moi boa disposición e se apuntaron a máis cousas, decidimos non sobrecargar o proxecto e imos deixar para outro ano o concurso de fotografía. Pero seguiremos tirando fotos e publicando tódolos meses para que non se perda o bo costume. De feito, imos deixar aquí tres imaxes deste último mes.
Bo Nadal e pasádeo ben nestas vacacións!
         
(amencer)

(cores das follas de outono ou anuncio de laranxa e limón?)

(outra saída de sol)



domingo, 18 de diciembre de 2016

Camiño do Nadal

Vai rematando a primeira avaliación e seguimos acumulando datos. Os nosos adolescentes meteoquirogueses seguen a desempeñar o seu traballo con moi boa disposición e de forma totalmente autónoma. A única axuda que están recibindo por parte dos profesores do proxecto e a elaboración das follas de datos e o seu posterior almacenamento.
Como nos temiamos, o San Martiño non foi tan veranciño como prometía e aqueles días deixaron algunha imaxe como a seguinte:

(arañeira case conxelada)

E sen esquecer que tamén tivemos ocasión de ver algunha estampa típica do outono:

(foto recollida durante unha saída do club de lectura do instituto)