viernes, 20 de enero de 2017

Que frío!


Vale, non somos moi orixinais, pero nun blog que fala de meteoroloxía e con todo este frío xunto, como que non temos moito máis que comentar. A nosa estación meteorolóxica marcou unhas mínimas de -6'5º, con temperaturas entre -4º e -5º á hora de tomar as medicións, 10:30 da mañá. Xa vos podedes imaxinar como foron as xeadas e as paisaxes que nos atopamos vindo cara o instituto, como dato significativo na nosa contorna, algúns dos profesores que veñen de fóra de Quiroga, pasando por Cereixa (Pobra do Brollón) viron nos termómetros dos seus coches temperaturas de -9º.
Aquí podedes ver como estaba a estación meteorolóxica por fóra, da araña non soubemos:

(arañeira conxelada e escarchada)

E así estaban os cristais dun coche a carón do instituto case as 11 da mañá:
(xeometría fractal conxelada)

Se queredes máis información sobre eses fascinantes obxectos matemáticos que son os fractais, podedes consultar aquí.