miércoles, 21 de junio de 2017

Ata aquí chegamos!

Rematou este traballo, que máis que traballo foi unha diversión na que un grupo de persoas estivemos levando a cabo unha tarefa en común. Os obxectivos que tiñamos ó inicio foron cumpridos con xenerosidade e a actividade conseguiu acadar cousas que outros anos non fora posible. Todo isto temos que agradecerllo por riba de todo ós nosos meteoquirogueses, que puxeron todo da súa parte para levalo a cabo, facilitando moitísimo a coordinación por parte dos profesores, que nos limitamos a organizar e darlle unha estrutura máis ordenada ós datos que eles recolleron.
Finalmente, puidemos levar a cabo un tratamento estatístico dos datos, non moi ambicioso, pero adaptado ó coñecemento matemático que os alumnos deste nivel teñen que adquirir en clase, o que redundou nun beneficio mutuo, tanto a nivel de motivación de alumnado como de aproveitamento das clases.
Todo isto temos que agradecerllo por riba de todo ós nosos meteoquirogueses, que puxeron todo da súa parte para levalo a cabo, facilitando moitísimo a coordinación por parte dos profesores, que nos limitamos a organizar e darlle unha estrutura máis ordenada ós datos que eles recolleron.
Estiveron aí en todo momento, con auga, con frío, con sol e sen necesidade de recordarlles o compromiso que adquiriran co proxecto ó empezar curso, eles mesmos mantiveron ese compromiso desde o primeiro ata o último día. Esperamos que se lle poida dar continuidade a este proxecto e só nos queda por dicir unha cousa a esta xente que vedes na foto:


Moitas grazas!


No hay comentarios:

Publicar un comentario